Saturday 27 de April de 2024

Charla ‘Mellorando a atención ao cancro de pulmón. Perspectiva da AECC’, este mércores en Ordes


Mellorando a atención ao cancro de pulmón. Perspectiva da AECC, é o título da charla que mañá mércores, 1 de febreiro, se ofrecerá en Ordes. Será na Casa da Cultura ás 17 horas e a entrada será de balde para todas as persoas interesadas. Os relatores serán Francisco Javier Barón, especialista en oncoloxía médica do CHUS, e Marcos Calvo, psicólogo da AECC (Santiago de Compostela). Esta charla está organizada pola xunta local de Ordes da AECC.